Estamos de volta. Este mes de setembro dedicarémosllo ao gran protagonista do ano 2021, o director xaponés Ryûsuke Hamaguchi, cuxas dúas últimas e aplaudidísimas obras, A ruleta da fortuna e a fantasía e Drive my car, veñen de ser galardoadas no mesmo ano en dous dos festivais internacionais máis importantes do mundo: co Oso de Prata en Berlín a primeira e co Mellor Guión e Fipresci en Cannes a segunda, que foi tamén Mellor Filme Internacional nos Oscar e Mellor Filme de Fala Non Inglesa nos Globos de Ouro. As sesións dos luns en colaboración coa Filmoteca de Galicia retomarémolas en outubro.
A RULETA DA FORTUNA E A FANTASÍA
Dir. Ryûsuke Hamaguchi
Xapón, 2021, 120 min. VOSE
DRIVE MY CAR
Dir. Ryûsuke Hamaguchi
Xapón, 2021, 179 min. VOSE
Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook
Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA
0 comentarios :
Publicar un comentario