Komîna Fîlm a Rojava

Rewend é unha mostra de cinema errante que ten como obxectivo a promoción e distribución en salas europeas dos traballos cinematográficos creados pola Komîna Fîlm a Rojava.

A Comuna de Cinema de Rojava é un colectivo de cineastas locais e internacionais fundado en 2015 na rexión autónoma de Rojava, na Federación do Norte e Este de Siria. A Comuna traballa activamente na zona para reconstruír e reorganizar as infraestruturas do cinema e da educación cinematográfica, e para darlle cobertura fílmica con voz propia á revolución nesta parte do Kurdistán, enfrontada ao estado islámico, a esporádicas invasións turcas e outros elementos desestabilizadores.

Os vindeiros 2 e 7 de xuño poderemos ver en Pontevedra unha pequena mostra do traballo cinematográfico da Comuna, organizada de maneira colaborativa polo Cineclube Pontevedra, o Ateneo Libertario, a Fundación Cuña-Casasbellas e a imprenta ambulante Allouette Machine. As proxeccións terán lugar na Fundación Cuña-Casasbellas, ás 20:30 h, con entrada libre.




XOVES 2
SESIÓN DE CURTAMETRAXES
Dir. VV AA

MARTES 7
BERFÎN
Dir. Özlem Arzeba
Bashur - Kurdistán Sur, 2019, 73’



Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook

0 comentarios :

Publicar un comentario

Con tecnoloxía de Blogger.