Filmoteca: Ciclo Kenji Mizoguchi

Froito do convenio co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), este vindeiro bimestre, repasaremos a obra dunha figura fundamental na historia do cinema: Kenji Mizoguchi.

A distribución, da man Capricci Cine, dos catro títulos que veremos no ciclo vén corrixir a dificultade de acceder aos filmes do director xaponés mediante copias remasterizadas e un novo traballo de subtitulación. Ademais, tres dos catro títulos foron restaurados en 4K.
Estas sesións serán de balde para as persoas socias (anuais ou trimestrais) do Cineclube e terán un custe simbólico de 2 euros para o público xeral.

Ciclo Kenji Mizoguchi:

MÉRCORES 13 DE MARZO
Contos da lúa pálida
Dir. Kenji Mizoguchi
Xapón, 1953, 97 min. VOSE.

MÉRCORES 27 DE MARZO
Os amantes crucificados
Dir. Kenji Mizoguchi
Xapón, 1954, 102 min. VOSE.

MÉRCORES 3 DE ABRIL
O indentende Sansho
Dir. Kenji Mizoguchi
Xapónn, 1954, 124 min. VOSE.

MÉRCORES 10 DE ABRIL
A rúa da vergoña
Dir. Kenji Mizoguchi
Xapón, 1956, 85 min. VOSE.

Mércores de Filmoteca!


O Cineclube Pontevedra vén de asinar un convenio de colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) por medio do cal pasa a formar parte da rede de cineclubes de Galicia que funcionan coma extensións da programación do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).

Grazas a este acordo, engadiremos dúas proxeccións mensuais á xa habitual programación dos martes. Estas sesións serán de balde para as persoas socias (anuais ou trimestrais) do Cineclube e terán un custe simbólico de 2 euros para o público xeral.
As proxeccións desenvolveranse no Teatro Principal de Pontevedra.
Con tecnoloxía de Blogger.