Asóciate!


O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades. Asóciate!


Podes escoller a opción que máis se adapte ás túas preferencias:

Cota anual (60€)
Cota trimestral (18€)
Cota prorrogada (3€/pase)

Tanto a cota anual coma a trimestral poderase pagar en efectivo en calquera das nosas sesións, ou ben mediante domiciliación bancaria ou ingreso na nosa conta de Caixa Rural Galega: IBAN ES8130700047906259930524. A cota prorrogada farase efectiva en cada sesión.

Como facerse socia/o
Podes facerte socia do Cineclube Pontevedra no Teatro Principal antes de cada sesión. Se o prefires descarga a solicitude e envíanola ao noso correo electrónico, dirección postal ou nola entregas a próxima vez que nos vexamos. Tamén podes asociarte enchendo o seguinte formulario web:

Con tecnoloxía de Blogger.