Primeiros Ollares: as matinés de cinema infantil do cinelcube!

Baixo o nome de Primeiros ollares, o Cineclube Pontevedra programará tres filmes de animación para crianzas e familias durante o último trimestre do ano. As proxeccións terán lugar os días 2 e 30 de novembro, e 7 de decembro, no Teatro Principal de Pontevedra e en horario de mañá, con comezo ás 12 h. A entrada ás tres sesións, que están orientadas a crianzas a partir de 6 ou 7 anos, será libre e de balde ata completar a cabida.

Primeiros ollares nace coa idea de reactivar a experiencia colectiva da sala de cinema entre as familias, mais tamén coa vontade de dar a coñecer un tipo de cinema orientado á infancia que non ten cabida nas grandes salas comerciais: un cinema no que prime a calidade estética, que nos achegue a distintas realidades e problemáticas, que convide á reflexión e ao pensamento crítico e, sobre todo, que sexa un espazo de goce para as familias.



DOMINGO 2 DE NOVEMBRO
CALAMITY, UNHA INFANCIA DE MARTHA JANE CANNARY
Dir. Rémy Chayé
2020, 82', +7

DOMINGO 30 DE NOVEMBRO
LINDA QUERE POLO
Dir. Chiara Malta e Sébastien Laudenbach
2023, 75', +7

DOMINGO 7 DE DEXEMBRO
TONY, SHELLY E A LANTERNA MÁXICA
Dir. Filip Pošivač
2023, 80', +6

Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

0 comentarios :

Publicar un comentario

Con tecnoloxía de Blogger.