O Cineclube despide a tempada coa proxección o 3 de xuño de Salvaxe, salvaxe (2024), un filme dirixido por Emilio Fonseca e producido por Xiana do Teixeiro (Walkie Talkie Films) que procura imaxes e ausencias do lobo ibérico nos montes de Galicia e o norte de Portugal. Un filme-rastrexo, un anti-documental de natureza producido de maneira sostible, vegana e ecofeminista, que é tamén un convite a reflexionarmos sobre o que significa e implica filmar a vida salvaxe, a cuestionármonos a maneira en que entendemos e tratamos a vida non humana.

SALVAXE, SALVAXE
Dir. Emilio Fonseca
Galiza, 2024, 86 min., VO
0 comentarios :
Publicar un comentario