Programación de xaneiro 2025

Estreamos a programación de 2025 cun ciclo dedicado a Peter Bogdanovich (1939-2022), figura central do novo Hollywood que emerxe nos anos 70. Bogdanovich amalgamou nos seus filmes a modernidade dos novos tempos e a herdanza do clasicismo. Foi, ademais, actor, produtor, autor de numerosos estudos cinematográficos e responsable dun valioso legado en forma de entrevistas a cineastas, publicadas en varios volumes, entre os que destacan os seus libros sobre Orson Welles e John Ford.  Proxectaremos tres dos seus títulos máis icónicos dos anos 70.



LUNS 13
A ÚLTIMA PELÍCULA
Dir. Peter Bogdanovich
EE UU, 1971, 120 min., VOSE

MARTES 21
QUE PASA, DOUTOR?
Dir. Peter Bogdanovich
EE UU, 1972, 94 min., VOSE

MARTES 28
LÚA DE PAPEL
Dir. Peter Bogdanovich
EE UU, 1973, 102 min., VOSE

Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

0 comentarios :

Publicar un comentario

Con tecnoloxía de Blogger.