Programación de marzo 2024

Co gallo do seu regreso á longametraxe e ás salas de cinema logo de máis de 30 anos, dedicarémoslle os martes de marzo ao mestre vasco Víctor Erice. Volven por fin os Luns de Filmoteca, con dúas propostas de cinema portugués: O movimiento das coisas (1985), verdadeira alfaia do cinema luso, primeira e única obra como realizadora de Manuela Serra que non foi estreada comercialmente até 2021, logo do seu restauro; tamén é unha primeira obra Alma Viva (2022), dirixida por Cristèle Alves e ambientada na aldea de Lanheses, en Trás-os-Montes. Este mes, ademais, no marco do XXV Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, programaremos 3 matinés para público familiar que van ter lugar os domingos 3, 10 e 17 ás 12 h no Teatro Principal, con entrada libre até completar cabida.



MARTES 5
EL ESPÍRITU DE LA COLMENA
Dir. Víctor Erice
España, 1973, 94 min., VO

LUNS 11
O MOVIMENTO DAS COISAS
Dir. Manuela Serra
Portugal, 1985, 89 min., VOSG

MARTES 12
EL SUR
Dir. Víctor Erice
España, 1983, 93 min., VO

LUNS 18
ALMA VIVA
Dir. Cristèle Alves
Portugal, 2022, 88 min., VOSE

MARTES 19
CERRAR LOS OJOS
Dir. Víctor Erice
España, 2022, 169 min., VO


Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

0 comentarios :

Publicar un comentario

Con tecnoloxía de Blogger.