Despedimos a tempada no Teatro Principal coa proxección dun dos nosos filmes favoritos da pasada edición de Novos Cinemas: Disturbios (2022), do suízo Cyril Schäublin. Aproveitamos a ocasión para acompañalo de Xente en domingo (1930), de Robert Siomak e Edgar G. Ulmer, que será a escolla para o Luns de Filmoteca.
A proxección destes dous filmes un ao carón do outro é unha proposta do propio Cyril Schäublin para a iniciativa Tándem, da distribuidora Lost & Found, concibida como unha carta branca a cineastas con filmes en estrea, que escollen un filme do pasado que influíra na súa obra.
XENTE EN DOMINGO
Dir. Robert Siodmak e Edgar G. Ulmer
Alemaña, 1930, 75 min., VOSG
DISTURBIOS
Dir. Cyril Schäublin
Suíza, 2022, 93 min., VOSG
Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook
Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA
0 comentarios :
Publicar un comentario