Programación xaneiro 2023

Dedicámoslle o mes de xaneiro ao cineasta portugués Paulo Rocha (1935-2012), figura eminente da cinematografía lusa e pai do Novo Cinema Portugués. Un autor cuxa influencia é visible na obra de cineastas portugueses contemporáneos como Pedro Costa, João Pedro Rodrigues ou Miguel Gomes.

Malia as dificultades de acceso ao seu traballo, Rocha é coñecido nos circuítos cinéfilos internacionais como autor dunha complexa reflexión sobre Portugal, sobre as súas raíces culturais e matrices identitarias.

Proxectaremos, da man de Atalante, tres filmes fundamentais da súa filmografía, con presenza nos tres da icónica actriz portuguesa Isabel Ruth: Os verdes anos (1963), Mudar de vida (1966) e O río de ouro (1998). As proxeccións faranse en versión orixinal con subtitulado en galego.




MARTES 17
OS VERDES ANOS
Dir. Paulo Rocha
Portugal, 1963, 89 min. VOSG

MARTES 24
MUDAR DE VIDA
Dir. Paulo Rocha
Portugal, 1966, 94 min. VOSG

MARTES 31
O RÍO DO OURO
Dir. Paulo Rocha
Portugal, 1998, 95 min. VOSG


Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

0 comentarios :

Publicar un comentario

Con tecnoloxía de Blogger.