Programación setembro 2021

Remata o verán, e o Cineclube retoma a programación no Teatro Principal. Por diante, un mes cargado de cinema actual, de filmes que nos emocionan: o humor absurdo de Quentin Dupieux; a mirada de Clarisa Navas sobre o barrio correntino de Las Mil; o delicadísimo western de Kelly Reichardt sobre as orixes dos EE UU —subtitulado en galego por Numax—; e un pequeno foco sobre o inmenso mestre Tsai Ming-Liang —en colaboración coa Filmoteca de Galicia—, que inclúe a proxección da súa última grande obra.



LUNS 13
GOODBYE, DRAGON INN
Dir. Tsai Ming-Liang
Taiwán, 2003, 83 min. VOSE

MARTES 14
MANDIBULES
Dir. Quentin Dupieux
Francia, 2020, 77 min. VOSE

MARTES 21
LAS MIL Y UNA
Dir. Clarisa Navas
Arxentina, 2020, 120 min. VO

LUNS 27
RIZI
Dir. Tsai Ming-Liang
Taiwán, 2020, 127 min. VO

MARTES 28
FIRST COW
Dir. Kelly Reichardt
EE UU, 2019, 121 min. VOSE


Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

0 comentarios :

Publicar un comentario

Con tecnoloxía de Blogger.