Programación xuño 2020

Fainos moi felices anunciarvos que a primeira proxección do Cineclube logo de todo este tempiño sen vervos terá lugar o vindeiro día 30 ás 22:30 na Praza da Pedreira, e será a nosa proposta deste ano para a semana do #FLOPCinema, organizado polo Concello de Pontevedra (Pontevédrate), coa que vimos colaborando nos últimos anos.

Escollemos para a ocasión TONGUES UNTIED (Marlon T. Riggs, 1989), filme-manifesto imprescindible e radical que cuestiona de xeito demoledor os estereotipos raciais e sexuais que cimentan a cultura estadounidense de finais dos oitenta.


MARTES 30
Tongues Untied
Dir. Marlon Riggs
EEUU, 1989, 55 min. VOSE.

Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook

0 comentarios :

Publicar un comentario

Con tecnoloxía de Blogger.