Programación marzo 2016

Claire Denis: protagonista de marzo no Cineclube Pontevedra.


Nacida en París en 1948, pasou toda a súa adolescencia en África, onde o seu pai foi administrador colonial. Estrea a súa ópera prima, «Chocolat», en 1988, despois de ter traballado coma asistente de directores do talle de Wim Wenders, Jim Jarmusch, Jacques Rivette ou Costa-Gavras. O seu cinema, cun punto de vista cru e politicamente cargado, e unha poética fílmica de alto calibre, sitúase actualmente entre as máis egrexias mostras de cinema contemporáneo.

Descarga o programa | Accede ás follas de sala

0 comentarios :

Publicar un comentario

Con tecnoloxía de Blogger.