Festa do Cineclube Pontevedra

Tarde de cine(clube) no Liceo Mutante: obradoiros, xogos, proxeccións e música en torno á séptima arte.


Non te perdas a festa que estamos a argallar cos compañeiros mutantes.
Ás cinco comezaremos un obradoiro de manipulación de celuloide, no que nos dedicaremos a raiar, pintar e aplicar químicos (e o que se nos ocorra) sobre tráilers de 35 mm. Ademais, gravaremos sons e aprenderemos a manipulalos para acompañar a nosa peli mutante.
Cando a luz o permita, e despois de montar e enfiar o filme no proxector, comprobaremos como foron os resultados, pintaremos a tempo real unha peli de 16 mm (musicada en directo por ilustres convidados) e veremos un vídeo de presentación preparado polo Cineclube de Pontevedra.
Á noite haberá música, bailes, xogos e fantásticos premios!
Durante a tarde poderás informarte e facerte socio do cineclube máis antigo de toda a Península.

0 comentarios :

Publicar un comentario

Con tecnoloxía de Blogger.