Primeiros Ollares: as matinés de cinema infantil do cinelcube!

Baixo o nome de Primeiros ollares, o Cineclube Pontevedra programará tres filmes de animación para crianzas e familias durante o último trimestre do ano. As proxeccións terán lugar os días 2 e 30 de novembro, e 7 de decembro, no Teatro Principal de Pontevedra e en horario de mañá, con comezo ás 12 h. A entrada ás tres sesións, que están orientadas a crianzas a partir de 6 ou 7 anos, será libre e de balde ata completar a cabida.

Primeiros ollares nace coa idea de reactivar a experiencia colectiva da sala de cinema entre as familias, mais tamén coa vontade de dar a coñecer un tipo de cinema orientado á infancia que non ten cabida nas grandes salas comerciais: un cinema no que prime a calidade estética, que nos achegue a distintas realidades e problemáticas, que convide á reflexión e ao pensamento crítico e, sobre todo, que sexa un espazo de goce para as familias.



DOMINGO 2 DE NOVEMBRO
CALAMITY, UNHA INFANCIA DE MARTHA JANE CANNARY
Dir. Rémy Chayé
2020, 82', +7

DOMINGO 30 DE NOVEMBRO
LINDA QUERE POLO
Dir. Chiara Malta e Sébastien Laudenbach
2023, 75', +7

DOMINGO 7 DE DEXEMBRO
TONY, SHELLY E A LANTERNA MÁXICA
Dir. Filip Pošivač
2023, 80', +6

Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

Programación novembro 2025

O Cineclube Pontevedra comeza a programación do mes de novembro coa proxección en copia restaurada dun dos máis belos filmes que deu o cinema: A quimera do ouro, de Charles Chaplin, no ano en que se celebra o centenario da súa estrea en Hollywood. Esta sesión, que terá lugar o luns 3 de novembro, realízase en colaboración coa Filmoteca de Galicia. Os martes do mes, pola súa banda, estarán dedicados á exhibición de tres filmes estreados en salas durante este ano: a ópera prima do director arxentino Federico Luis, a primeira incursión na ficción do reputado documentalista Roberto Minervini e o último traballo do mestre chinés Jia Zhangke.



LUNS 3
A QUIMERA DO OURO
Dir. Charles Chaplin
EE UU, 1925, 96, VO

MARTES 4
SIMÓN DA MONTAÑA
Dir. Federico Luis
Arxentina, 2024, 98', VO

MARTES 11
OS MALDITOS
Dir. Roberto Minervini
EE UU, 2024, 88', VOSE

MARTES 18
Á DERIVA
Dir. Jia Zhangke
China, 2024, 111', VOSE

Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

Programación de outubro 2025

Dedicarémoslle os martes de outubro a Maurice Pialat, co gallo do centenario do seu nacemento. Os luns poderemos ver as últimas longas das directoras francesas Alice Diop e Catherine Breillat.



LUNS 6
SAINT OMER
Dir. Alice Diop
Francia, 2022, 118', VOSE

MARTES 7
A INFANCIA NÚA
Dir. Maurice Pialat
Francia, 1968, 83', VOSE

MARTES 14
A BOCA ABERTA
Dir. Maurice Pialat
Francia, 1974, 82', VOSE

MARTES 21
AOS NOSOS AMORES
Dir. Maurice Pialat
Francia, 1983, 95', VOSE

LUNS 27
O ÚLTIMO VERÁN
Dir. Catherine Breillat
Francia, 2023, 104', VOSE

MARTES 28
O NENO
Dir. Maurice Pialat
Francia, 1995, 104', VOSE

Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

Programación de setembro 2025

Volve a programación cineclubeira despois da pausa estival. Durante o mes de setembro poderemos gozar de tres divertidísimas comedias pasadas por auga e da primeira longametraxe da directora india Payal Kapadia.



MARTES 16
PALOMBELLA ROSSA
Dir. Nanni Moretti
Italia, 1989, 89 min., VOSE

LUNS 22
UNHA NOITE SEN SABER NADA
Dir. Payal Kapadia
India, 2021, 99 min., VOSE

MARTES 23
O SEU XOGO FAVORITO
Dir. Howard Hawks
EE UU, 1964, 120 min., VOSE

MARTES 30
O VERÁN DE KIKUJIRO
Dir. Takeshi Kitano
Xapón, 1999, 120 min., VOSE
Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

Programación de xuño

O Cineclube despide a tempada coa proxección o 3 de xuño de Salvaxe, salvaxe (2024), un filme dirixido por Emilio Fonseca e producido por Xiana do Teixeiro (Walkie Talkie Films) que procura imaxes e ausencias do lobo ibérico nos montes de Galicia e o norte de Portugal. Un filme-rastrexo, un anti-documental de natureza producido de maneira sostible, vegana e ecofeminista, que é tamén un convite a reflexionarmos sobre o que significa e implica filmar a vida salvaxe, a cuestionármonos a maneira en que entendemos e tratamos a vida non humana.



MARTES 3
SALVAXE, SALVAXE
Dir. Emilio Fonseca
Galiza, 2024, 86 min., VO



Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

Programación de maio 2025

En maio continuamos co ciclo de Leon Hirszman, proxectaremos os últimos filmes de Alain Guiraudie e Boris Lojkine, e mais a ópera prima de Julie Lecoustre e Emmanuel Marre.



MARTES 6
MISERICORDIA
Dir. Alain Guiraudie
Francia, 2024, 104 min., VOSE

LUNS 12
CURTAMETRAXES
Dir. Leon Hirszman
Brasil, 1962-1982, 73 min., VOSE

MARTES 13
RIEN À FOUTRE
Dir. Julie Lecoustre e Emmanuel Marre
Bélxica, 2021, 110 min., VOSE

LUNS 26
S. BERNARDO
Dir. Leon Hirszman
Brasil, 1972, 113 min., VOSE
MARTES 27
A HISTORIA DE SOULEYMANE
Dir. Boris Lojkine
Francia, 2024, 92 min., VOSE


Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

Comparte:

Facebook Twitter
A programación do cineclube do mes de abril contará con dúas recentísimas estreas. Grand Tour (2024), o último traballo do portugués Miguel Gomes, que se alzou no último festival de Cannes co Premio á Mellor Dirección, poderá verse o martes 1. O martes 29 será a quenda de Vermiglio, o último traballo da directora italiana Maura Delpero, que foi gañador do Gran Premio do Xurado no Festival de Venecia de 2024. As sesións de filmoteca de abril dedicaránselle ao cineasta brasileiro Leon Hirszman (1937-1987), membro precoz do Cinema Novo e considerado no seu seo como a conciencia política do movemento. Proxectaranse Eles Não Usam Black-Tie (1981) o 7 de abril, unha das grandes triunfadoras do Festival de Venecia de 1981, e o documental ABC da greve (1979-1990), cun novísimo Lula da Silva liderando as folgas das grandes fábricas automobilísticas no ano 1979.



MARTES 1
GRAND TOUR
Dir. Miguel Gomes
Portugal, 2024, 128 min., VOSE

LUNS 7
ELES NÃO USAM BLACK-TIE
Dir. Leon Hirszman
Brasil, 1981, 112 min., VOSE

LUNS 28
ABC DA GREVE
Dir. Leon Hirszman
Brasil, 1990, 85 min., VOSE

MARTES 29
VERMIGLIO
Dir. Maura Delpero
Italia, 2024, 119 min., VOSE

Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

Comparte:

Facebook Twitter

Programación de marzo 2025

A programación de marzo tráenos títulos de Emmanuel Mouret, Payal Kapadia, Pablo Gil Rituerto e Agnès Varda.



LUNS 10
LA POINTE COURTE
Dir. Hayao Agnès Varda
Francia, 1955, 86 min., VOSE

MARTES 11
CRÓNICA DUN AMOR EFÉMERO
Dir. Emmanuel Mouret
Francia, 2022, 100 min., VOSE

MARTES 18
A LUZ QUE IMAXINAMOS
Dir. Payal Kapadia
India, 2024, 118 min., VOSE

LUNS 24
CURTAMETRAXES VARDA
Dir. Agnès Varda
Francia, 1958, 1967 e 1983, 65 min., VOSE

MARTES 25
LA MARSELLESA DE LOS BORRACHOS
Dir. Pablo Gil Rituerto
España, 2024, 93 min., VOSE

Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

Comparte:

Facebook Twitter

Programación febreiro 2025

A programación de febreiro arrinca co último título do mestre xaponés Hayao Miyazaki e traeranos tamén títulos de Quentin Dupieux, Radu Jude ou Severin Fiala e Veronika Franz. Ademais, comezan as sesións de filmoteca, que lle dedicaremos este mes a Yasujiro Ozu.



LUNS 3
FLORES DE EQUINOCCIO
Dir. Hayao Miyazaki
Xapón, 1958, 118 min., VOSE

MARTES 4
O RAPAZ E A GARZA
Dir. Hayao Miyazaki
Xapón, 2023, 124 min., VOSE

MARTES 11
DAAAAAALÍ!
Dir. Quentin Dupieux
Francia, 2023, 79 min., VOSE

LUNS 17
A HERBA ERRANTE
Dir. Yasujiro Ozu
Xapón, 1959, 119 min., VOSE

MARTES 18
NON AGARDES DEMASIADO DA FIN DO MUNDO
Dir. Radu Jude
Romanía, 2023, 163 min., VOSE

MARTES 25
O BAÑO DO DIABO
Dir. Severin Fiala, Veronika Franz
Austria, 2024, 120 min., VOSE

Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

Comparte:

Facebook Twitter

Programación de xaneiro 2025

Estreamos a programación de 2025 cun ciclo dedicado a Peter Bogdanovich (1939-2022), figura central do novo Hollywood que emerxe nos anos 70. Bogdanovich amalgamou nos seus filmes a modernidade dos novos tempos e a herdanza do clasicismo. Foi, ademais, actor, produtor, autor de numerosos estudos cinematográficos e responsable dun valioso legado en forma de entrevistas a cineastas, publicadas en varios volumes, entre os que destacan os seus libros sobre Orson Welles e John Ford.  Proxectaremos tres dos seus títulos máis icónicos dos anos 70.



LUNS 13
A ÚLTIMA PELÍCULA
Dir. Peter Bogdanovich
EE UU, 1971, 120 min., VOSE

MARTES 21
QUE PASA, DOUTOR?
Dir. Peter Bogdanovich
EE UU, 1972, 94 min., VOSE

MARTES 28
LÚA DE PAPEL
Dir. Peter Bogdanovich
EE UU, 1973, 102 min., VOSE

Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

Con tecnoloxía de Blogger.