Programación de maio 2023

Continuamos adentrándonos na obra da realizadora xaponesa Kinuyo Tanaka (1909-1977), da man da Filmoteca de Galicia. E dedicámoslle os martes á cineasta belga Chantal Akerman (1950-2015), que vén de ser nomeada como a directora do mellor filme da historia por cineastas e críticos, pasando así a encabezar co seu filme Jeanne Dielman a primeira posición da influente lista de Sight&Sound, que antes ocupou Vertigo, de Hitchcock.



MARTES 2
JE, TU, IL, ELLE
Dir. Chantal Akerman
Bélxica, 1974, 82 min., VOSE

LUNS 8
CARTA DE AMOR
Dir. Kinuyo Tanaka
Xapón, 1953, 98 min., VOSG

MARTES 9
JEANNE DIELMAN, 23, QUAI DU COMMERCE, 1080 BRUXELLES
Dir. Chantal Akerman
Bélxica, 1975, 193 min., VOSE

LUNS 22
A SEÑORITA OGIN
Dir. Kinuyo Tanaka
Xapón, 1962, 101 min., VOSG

MARTES 23
NEWS FROM HOME
Dir. Chantal Akerman
Bélxica, 1976, 85 min., VOSE

MARTES 30
TOUTE UNE NUIT
Dir. Chantal Akerman
Bélxica, 1982, 87 min., VOSE


Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

Programación de abril 2023

Retomamos a programación dos luns en colaboración coa Filmoteca de Galicia e dedicámoslle estas dúas sesións á realizadora xaponesa Kinuyo Tanaka (1909-1977), primeira e única muller que desenvolveu unha filmografía en Xapón durante a posguerra. Nas sesións dos martes estrearemos Fogo-Fátuo (2022), o novo traballo do portugués João Pedro Rodrigues, e aproveitamos para recuperar un dos grandes filmes do 2013, E agora? Lembra-me, do tamén portugués Joaquim Pinto.



LUNS 17
PEITOS ETERNOS
Dir. Kinuyo Tanaka
Xapón, 1955, 106 min., VOSG

MARTES 18
FOGO-FÁTUO
Dir. João Pedro Rodrigues
Portugal, 2022, 67 min., VOSE

LUNS 24
A NOITE DAS MULLERES
Dir. Kinuyo Tanaka
Xapón, 1961, 90 min., VOSG

MARTES 25
E AGORA? LEMBRA-ME
Dir. Joaquim Pinto
Portugal, 2013, 165 min., VOSE


Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

Con tecnoloxía de Blogger.