Programación de decembro

Despedimos o 2022 coa proxección dun dos filmes máis belos da historia contemporánea: As harmonías Werckmeister, dos cineastas húngaros Béla Tarr e Ágnes Hranitzky .



MARTES 20
AS HARMONÍAS WERCKMEISTER
Dir. Béla Tarr e Ágnes Hranitzky
Hungría, 2000, 139 min. VOSE

Programación novembro 2022

Continúa o cinema durante o mes de novembro no cineclube, con traballos de Laura Wandel, Chema García Ibarra, Hong Sangsoo e Ted Fendt nas sesións dos martes; e con Chaplin e Cocteau nos Luns de Filmoteca.



MARTES 8
UN PEQUENO MUNDO
Dir. Laura Wandel
Bélxica, 2021, 72 min. VOSE

LUNS 14
LUCES DA CIDADE
Dir. Charles Chaplin
EUA, 1931, 82 min. VO

MARTES 15
ESPÍRITU SAGRADO
Dir. Chema García Ibarra
España, 2021, 97 min. VO

MARTES 22
DIANTE DE TI
Dir. Hong Sangsoo
Corea, 2021, 85 min. VOSE

LUNS 28
ORFEO
Dir. Jean Cocteau
Francia, 1950, 112 min. VOSE

MARTES 29
OUTSIDE NOISE
Dir. Ted Fendt
Alemaña, 2021, 61 min. VOSE


Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

Programación outubro 2022

Recuperamos as sesións en colaboración coa Filmoteca de Galicia, que terán lugar o segundo e cuarto luns de cada mes. Temos un intenso mes por diante, co novo de Audiard, Carpignano, Périot e Apichatpong; o debut na longametraxe de Alauda Ruiz de Azúa e a sesión dedicada á cineasta alemá Helke Misselwitz, que foi obxecto dunha retrospectiva na pasada edición do Play Doc.



MARTES 4
PARÍS, DISTRITO 13
Dir. Jacques Audiard
Francia, 2021, 105 min. VOSE

LUNS 10
QUEN TEME O HOME DO SACO
Dir. Helke Misselwitz
Alemaña, 1989, 52 min. VOSE
+ 3 curtas da directora

MARTES 11
CINCO LOBITOS
Dir. Alauda Ruiz de Azúa
España, 2022, 104 min. VO

MARTES 18
PARA CHIARA
Dir. Jonas Carpignano
Italia, 2021, 120 min. VOSE

LUNS 24
REGRESO A REIMS
Dir. Jean-Gabriel Périot
Francia, 2021, 80 min. VOSG

MARTES 25
MEMORIA
Dir. Apichatpong Weerasethakul
Colombia, 2021, 136 min. VOSE


Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

Programación setembro

Estamos de volta. Este mes de setembro dedicarémosllo ao gran protagonista do ano 2021, o director xaponés Ryûsuke Hamaguchi, cuxas dúas últimas e aplaudidísimas obras, A ruleta da fortuna e a fantasía e Drive my car, veñen de ser galardoadas no mesmo ano en dous dos festivais internacionais máis importantes do mundo: co Oso de Prata en Berlín a primeira e co Mellor Guión e Fipresci en Cannes a segunda, que foi tamén Mellor Filme Internacional nos Oscar e Mellor Filme de Fala Non Inglesa nos Globos de Ouro. As sesións dos luns en colaboración coa Filmoteca de Galicia retomarémolas en outubro.



MARTES 13
A RULETA DA FORTUNA E A FANTASÍA
Dir. Ryûsuke Hamaguchi
Xapón, 2021, 120 min. VOSE

MARTES 20
DRIVE MY CAR
Dir. Ryûsuke Hamaguchi
Xapón, 2021, 179 min. VOSE


Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook


Tamén podes votar que che pareceron as películas no blog da FECIGA

Komîna Fîlm a Rojava

Rewend é unha mostra de cinema errante que ten como obxectivo a promoción e distribución en salas europeas dos traballos cinematográficos creados pola Komîna Fîlm a Rojava.

A Comuna de Cinema de Rojava é un colectivo de cineastas locais e internacionais fundado en 2015 na rexión autónoma de Rojava, na Federación do Norte e Este de Siria. A Comuna traballa activamente na zona para reconstruír e reorganizar as infraestruturas do cinema e da educación cinematográfica, e para darlle cobertura fílmica con voz propia á revolución nesta parte do Kurdistán, enfrontada ao estado islámico, a esporádicas invasións turcas e outros elementos desestabilizadores.

Os vindeiros 2 e 7 de xuño poderemos ver en Pontevedra unha pequena mostra do traballo cinematográfico da Comuna, organizada de maneira colaborativa polo Cineclube Pontevedra, o Ateneo Libertario, a Fundación Cuña-Casasbellas e a imprenta ambulante Allouette Machine. As proxeccións terán lugar na Fundación Cuña-Casasbellas, ás 20:30 h, con entrada libre.




XOVES 2
SESIÓN DE CURTAMETRAXES
Dir. VV AA

MARTES 7
BERFÎN
Dir. Özlem Arzeba
Bashur - Kurdistán Sur, 2019, 73’


Con tecnoloxía de Blogger.