Durante as sesións deste mes (e vindeiros) teremos no Teatro Principal algúns materiais da nosa biblioteca, que poderedes curiosear e, se sodes socias anuais/trimestrais, levar en préstamo para ler na casa e, por que non?, practicar idiomas.
Eiquí un exemplo do material que podedes atopar este mes (adicado ao actor e cineasta John Cassavetes, pioneiro do cinema independente americano) na nosa biblioteca móbil:
Lembra, cada mes, novos libros!
A biblioteca móbil agarda por ti, a que esperas para facerte socia do cineclube?
Home
/
Arquivo de
outubro 2018
Programación outubro 2018
Comezar con nada. É algo que sempre me fascinou. Nada. Só un fato de xente que te apoia. Beber, leriar, rir, pódese estar ledo ou triste, mais pensas: «Fagámolo». E logo algo ocorre. Tes outra vida durante un ou dous anos. O proceso é moi duro. Á xente non lle gusta traballar deste xeito porque lle importa moito a súa vida. O fundamental é desprenderte da experiencia que tiveches na industria, da idea de facer filmes comerciais» (John Cassavetes)
MARTES 9Shadows
Dir. John Cassavetes
USA, 1959, 87 min. VOSE
MARTES 16A woman under the influence
Dir. John Cassavetes
USA, 1974, 155 min. VOSE
MARTES 23Faces
Dir. John Cassavetes
USA, 1968, 130 min. VOSE
Descarga o cartel | Descarga as follas de sala | Comparte os eventos de facebook

Tamén podes votar que che pareceron as películas no blogue da FECIGA
Con tecnoloxía de Blogger.
