Xa temos biblioteca (móbil)!

Durante o mes de abril tivemos o enorme placer de presentarvos un anaquiño do cineclube no que levabamos tempo traballando: a biblioteca. Trasladamos unha pequena selección dos nosos fondos relacionada coa programación de abril ao Teatro Principal, póndoa a disposición das persoas socias para que puideran volver á casa cun libro na man!

Pois ben, cada mes, novos libros!

A biblioteca móbil agarda por ti, a que esperas para facerte socia do cineclube?


Programación maio 2016


Ide anotando datas nas vosas axendas, que este mes vén cargadiño no Cineclube. Ben veñas maio...

Abrimos o mes coa sesión que compartimos mensualmente co festival de Novos Cinemas proxectando No cow on the ice (Eloy Domínguez Serén, 2015), filme gañador na sección oficial da XII edición do Play Doc.

A vindeira semana teremos dobre sesión. Antes da tolemia de Pierrot le fou (J.L. Godard, 1965, VOSE), sesión infantil con Phantom boy (Jean-Loup Felicioli, Alain Gagnol, 2015, VOSG) que proxectaremos en versión orixinal subtitulada ao galego!



E continuamos co cinema documental... Viaxaremos a través do patrimonio inmaterial dos concellos de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños (Reserva Da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés) da man da memoria e o relato da súa veciñanza co documental Patrimonio habitado (Illa Bufarda, 2015). Continuaremos con Contra a morte. Unha aproximación a Lois Pereiro (Alexandre Cancelo e Iago Martínez, 2011, 77', Galicia) documental que percorre os lugares e convive coas persoas da vida de Lois Pereiro. E pechamos o mes con En todas as mans (Diana Toucedo, 2015, 100', Galicia) peza audiovisual en torno ao monte veciñal en mancomún que teremos o placer de compartir co equipo de Trespés Sociedade Cooperativa Galega.



Descarga o cartel | Accede ás follas de sala
Con tecnoloxía de Blogger.