Programación abril 2016


Cineclube, Novos Cinemas e RDA

A primeira sesión do mes, reservada á proxección de primeiras e segundas obras en colaboración co festival de Novos Cinemas, estará adicada á segunda película do realizador colombiano Óscar Ruiz, o filme Los Hongos.

O resto do mes, o cineclube centra as súas sesións en obras producidas na ex República Democrática Alemana pola compañía estatal DEFA, que construiu o imaxinario dun país que hoxe ya non existe. Non vos perdades as estupendas Sabine Kleist, 7 Jahre e Winter adé.



Descarga o cartel | Accede ás follas de sala

Nova colaboración


O mes de abril arrinca con novidades no Cineclube. Ademais da nosa programación habitual, comezaremos unha nova andaina ao carón da xente de Novos Cinemas. Festival Internacional de Cinema de Pontevedra. Xunta o seu equipo, programaremos a primeira sesión de cada mes, no horario e lugar habituais, para ofrecervos unha selección de primeiras e segundas obras que non vos deberiades perder...
Con tecnoloxía de Blogger.