Programación febreiro 2016

Eduardo Coutinho: mentiras verdadeiras

Adicamos o mes de febreiro ao realizador brasileiro Eduardo Coutinho (1933-2014).

«As persoas cando falan comigo e contan a súa vida, as súas memorias e os seus proxectos están fatalmente inventando. Non só porque existe a cámara: basta a miña presenza, por ser estraña, para que elas inventen». En febreiro, Eduardo Coutinho no Teatro Principal!.

Descarga o programa

Medo me dá


Os rapaces da Asociación Veciñal de Salcedo Norte... Meten medo!


Durante este Nadal o Cineclube Pontevedra e as nenas e nenos da Asociacion Veciñal Salcedo Norte fixeron algo terrorífico, algo arrepiante, algo non apto para almas sensibles e adultas: «Medo me Dá», o filme que revolucionou o xénero de terror.
As valentes que se achegaron o pasado martes ao Teatro Principal de Pontevedra á estrea mundial da curtametraxe aínda non se recuperaron do susto. Atréveste ti a vela?

Con tecnoloxía de Blogger.