Programacion xaneiro 2016

O cineclube regresa ao Teatro Principal

Que si! Que nos mudamos ao Teatro Principal de Pontevedra! Os martes, ás 20.15h, nova cita cinéfila. Estreamos o ano con: Aki Kaurismäki, Justine Triet e Leos Carax.

Grazas por facer que isto funcione!.

Descarga o programa

CoMando!


Os rapaces do obradoiro "¿Como cho digo para que me entendas?" ensínannos o seu traballo.


Atención, atención! Temos o pracer de vos presentar a ópera prima dun grupo de rapazas e rapaces que teñen as cousas moi claras, un filme mudo con son, o máis novo do Novo Cinema Galego. Por fin, con todas vostedes, unha das mellores curtametraxes do 2015: CoMando!


Descarga toda a información do obradoiro.

Programación decembro 2015

Decembro documental.

Dúas achegas ao cinema documental da man de dúas grandes figuras: Alberte Pagán (O Carballiño, 1965), que nos acompañará ao remate das proxeccións para comentar os seus filmes, e Claire Simon (Londres, 1955). Coma sempre, ás 19:00 h na Biblioteca de Pontevedra.

Programación novembro 2015

Novembro falará alemán no Cineclube Pontevedra.

Comezaremos un novo ciclo dedicado ao cineasta Christian Petzold, peza fundamental da Escola de Berlín. Será os martes ás 19:00, no auditorio da Biblioteca de Pontevedra.

Programación outubro 2015

Cinema e arquitectura: Cidade, disparate e revolta


O próximo martes día seis ás 20:15 h o Cineclube Pontevedra comeza a súa nova andaina invernil na Casa das Campás. Farao cun ciclo que xirará arredor da arquitectura: da cidade, o disparate, a revolta... A entrada é de balde e as pelis prometen. Velaquí a programación do mes con toda a información!

Festa do Cineclube Pontevedra

Tarde de cine(clube) no Liceo Mutante: obradoiros, xogos, proxeccións e música en torno á séptima arte.


Non te perdas a festa que estamos a argallar cos compañeiros mutantes.

Programación agosto 2015

Cinema no xardín


Volven as proxeccións ao xardíns do Liceo Mutante.

Descarga o programa




programacion outubro

Con tecnoloxía de Blogger.