Programacion xaneiro 2016

O cineclube regresa ao Teatro Principal

Que si! Que nos mudamos ao Teatro Principal de Pontevedra! Os martes, ás 20.15h, nova cita cinéfila. Estreamos o ano con: Aki Kaurismäki, Justine Triet e Leos Carax.

Grazas por facer que isto funcione!.

Descarga o programa

CoMando!


Os rapaces do obradoiro "¿Como cho digo para que me entendas?" ensínannos o seu traballo.


Atención, atención! Temos o pracer de vos presentar a ópera prima dun grupo de rapazas e rapaces que teñen as cousas moi claras, un filme mudo con son, o máis novo do Novo Cinema Galego. Por fin, con todas vostedes, unha das mellores curtametraxes do 2015: CoMando!


Descarga toda a información do obradoiro.
Con tecnoloxía de Blogger.